“El Taquillazo: El tren de las 3:10” (La Sexta, 22:35 h.)

Programa: 
Televisión

Os filmes de vaqueiros actuais son unha estrañeza. Unha tolemia ao principio e, dende que Clint Eastwood rodou “Sen Perdón”, algo que merece atención. Se cadra nunca veremos unha nova “A Dilixencia” ou “Río Bravo”, pero no inconsciente cinéfilo colectivo perdura unha imaxe gloriosa dos pistoleiros xogándose a vida no deserto de Arizona. Por iso é ben sinxelo gozar con películas como “El tren de las 3:10”, un remake doutra obra anos 50, que dirixe James Mangold e interpretan dous señores con arrecendo a actores clásicos doutrora, como Russell Crowe e Christian Bale. Emítese ás dez e media da noite en La Sexta.