“El Taquillazo: Resacón en Las Vegas” (La Sexta, 22:25 h.)

Programa: 
Televisión

Se o xénero masculino loita por perpetuar a súa adolescencia, non hai lugar como a cidade dos casinos para cumprir o soño. Así como hai un xénero do cine americano dedicado a glosar as experiencias púberes en campamentos de verán (véxase “Os albóndigas a remollo”), hai outro que se aplica en recoller as aventuras deses mesmos mozos, xa maiores, toleando mentres colan billetes de George Washington por un tanga e visten traxes de Elvis. O referente para estas historias marcouno recentemente “Resacón en Las Vegas”, unha comedia tola con catro ou cinco gags moi por enriba da media habitual. Nela cóntase, con infrecuente incorrección política, a historia de cinco amigos festexando unha despedida de solteiro nun lugar que é un videoclip con vida propia, unha cidade delirante na que, o que alí acontece, alí fica para sempre. Emítese en La Sexta a partir das dez e media da noite.