“Física o Química” (Antena 3, 22 h.)

Programa: 
Televisión

A serie de Antena 3, outrora, paradigma do escándalo, unha exhibición cotiá de sexo interxeracional entre estudantes lampiños e mestres con adolescencia perpetua, intoxicacións recreativas e outros exercicios transgresores contra mentes benpensantes, resulta que vai rematar manso como un año cunha proclama en favor da educación regrada e a escolarización. Neste derradeiro episodio xuntaranse protagonistas vixentes e pasados do drama teen para defender o mantemento do Zurbarán, o instituto en cuxas aulas deixaron os tempos de gloria que, cando sexan adultos, esquecerán por comenencia. “Física o Química” emítese ás dez da noite.