“Granjero busca esposa” (Cuatro, 22.15 h.)

Programa: 
Televisión

A presentadora Luján Argüelles exercerá de mestra de cerimonias nunha agro-festa na que se darán a coñecer os terratenentes e as candidatas a namoralos, mais cunha novidade: entre os granxeiros hai unha muller, biscaíña e coidadora de cabras, disposta a atopar o seu medio queixo no show. Sacharán na procura do amor tamén un par de trastes irmáns xemelgos, un criador de porcos, un tratante de gando que de seguro será o que mellor domine a arte do engado, e tamén un galego dono dunha explotación láctea. Neste último caso sabemos que a que o escolla ofreceralle amor de verdade e non interesado, pois a pouco que a muller lle bote unha ollada aos xornais saberá que a produción láctea pasa por un momento económico crítico. Así que el terá a certeza de que o queren por quen é  non polos seus tetos.

O amor múxese de novo en “Granjero busca esposa”, que volve a Cuatro a partir das dez e cuarto da noite.