ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A diferenza entre os procesos democráticos e as guerras dinásticas, é que os primeiros son máis traballosos. Antano, cando alguén concibía un proxecto de país, non tiña que percorrer mercados e centros de traballo para rogar o voto, logo facer medrar a súa maioría parlamentaria e finalmente atravesar múltiples procesos sancionadores para xirar a roda un milímetro: abondaba con facer un matrimonio proveitoso, contar o número de cabaleiros, botar unha misa e mandalos á guerra confiando en que rodasen máis cacholas alleas que propias. Para tales cuestións, a Raíña Católica era moi determinada. Se, como lle gusta lembrar ao líder da Xunta, hai medio milleiro de anos que levamos dando voltas á mesma cuestión, é porque no tempo que leva rezar un Credo a monarca reconquistou Granada, botou aos musulmáns, expulsou aos xudeus e aínda lle sobrou tempo para a tan cacarexada doma e castración do poldro galego.
Como rodar “Xogo de Tronos” en versión parlamentaria sería veleno para a audiencia, con bo criterio a televisión pública decidiu que, postos a explicar onde naceron as tensións que se subliman nos partidos de fútbol do Madrid e o Barcelona, era mellor facer o retrato diso que se chama España ambientándoo na corte da primeira gran patrocinadora de viaxes transoceánicas. Non hai dragóns e maxia, mais si conspiracións e rancio avoengo en “Isabel”, a serie que Televisión Española emite ás dez e media desta noite.