“Ladrones de niños” (Antena 3, 22 h.)

Programa: 
Televisión

De entre todas as historias truculentas do tardo e post-franquismo resulta que aínda nos restaba unha por coñecer. Así como o filme de serie B “A invasión dos ladróns de corpos”, esta “Invasión dos ladróns de meniños” é tamén unha película de terror. Arrepiados aínda pola lembranza dos fillos das vítimas da represión de Videla en Arxentina, con pequenos transplantados ás familias dos asasinos dos seus pais, resulta que España tamén tiña instaurado un cambalache que permitía a aqueles con parné abondo resolver as súas ansias fértiles pola vía doutro tipo de cheque-bebé: o que se lle pagaba a intermediarios, hospitais ou mesmo tenras monxiñas para facerse cun cativo. Logo dise de que esta non é terra de emprendedores. O negocio foi próspero até case os anos 90 e aínda hoxe fai estremecer a algúns que advirten que, consonte medran, non se parecen nin a papá nin a mamá. Antena 3 emite unha reportaxe especial titulada “Ladrones de niños” ás dez desta noite.