“Love Unique”, o rock máis persoal e luminoso de Sugar Mountain

Programa: 
Músicas e Letras

“I feel down” é o single presentación de Love Unique. A banda gravou un videoclip deste tema e, previamente, outro con anacos do proceso de gravación do disco. O resultado leva por título “Love Unique – The Movie”, pode verse na súa web, no seu myspace e en YouTube e busca promocionar o álbum e a banda.

Despois de presentar ao vivo Love Unique por Galicia e Cataluña, Sugar Mountain preparan a volta aos escenarios neste 2010. No primeiro semestre do ano viaxarán pola nosa terra e mesmo xa comezaron a pechar datas de cara a época de festivais. Uns concertos nos que buscan divertirse e contaxiar desa diversión ao público presente, segundo confesa Yago Carreño.