“Million Dollar Baby” (Antena 3, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Mais baixo todo iso, Eastwood resulta para min o tipo máis sensible que segue facendo cine dende os Estados Unidos e un dos poucos que non precisa de xarope para tirar das bágoas. “Million Dollar Baby” conta a historia dun adestrador de boxeo vello e canso que vai arroxar a toalla ata que a asoma na súa vida unha moza teimuda disposta a esnaquizar a quen se lle poña por diante no ring. Nada do dito conta algo importante dos personaxes. En realidade son xente sen alento, que o único que agarda da vida é atopar alguén no que poidan confiar. A película gustoume tanto no seu día que xa non a puiden ver outra vez porque aínda non me pasou a punzada no peito. Para os queiran auténticas lendas de paixón, que non precisan de romance ou acción, “Million Dollar Baby” é a mellor película que se pode ver esta noite e, se cadra, en moitos días. Pásana ás dez en Antena 3.