“Pelotas” (TVE, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Iso era o que había en “Tapas”, o seu exitoso filme, e iso é tamén o que prometen en “Pelotas”, o nome da serie que Corbacho e Cruz estrean esta noite. Contan a vida de varias persoas dun mesmo barrio periférico que, por enriba das diferenzas, comparten unha mesma paixón: o Unión, o equipo de fútbol de segunda rexional. Nas bancadas do modesto campo fan catarse colectiva e terapia de grupo para esquecer as miserias do resto da semana. O argumento nada ten de orixinal, pois milleiros cumprimos con ese ritual todos os domingos, case tantos ou máis que católicos van á misa, pero vistos os antecedentes dos directores pagará a pena darlle unha oportunidade ao primeiro capítulo de “Pelotas”, que se emite en TVE ás dez da noite.