“Tiruriru”, o compromiso de Cuarteto Caramuxo coa música tradicional máis pura

Programa: 
Músicas e Letras

Agora toca traballar na posta en escena, moi achegada ao eido teatral. Cuarteto Caramuxo queren axudar visualmente a escoitar e para iso están preparando sorpresas. Como sorprende xa o feito de que unha formación deste estilo interprete os seus temas sen partitura. Para ver o resultado, o 28 deste mes de novembro subirán ao escenario do Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo.

Tiruriru está editado por Falcatruada e é un dos galardóns que recibiu Cuarteto Caramuxo tras gañar o Festival Folk Cancioneiros no ano 2008, organizado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza. Toda unha oportunidade para unha formación que asegura non ter ningunha présa.