“Titanic. El verdadero Jack Dawson” (La 2, 22:10 h.)

Programa: 
Televisión

Por incrible que puidera parecer hai tan só 30 anos, a historia do transatlántico afundido non é hoxe a arrepiante crónica da morte dos pobres viaxeiros que confiaron no progreso e vírono derrotado por un vestixio de natureza primitiva. Para a xeración actual, a mención do Titanic asomará un sorriso ao rostro mentres se lembra o espido da rubicunda Kate Winslet ou o berro cos brazos abertos na proa do buque. Mais a historia é a que é, e esa escribírona os xornalistas e non James Cameron.

Para devolvernos á realidade e pechar dunha santa vez a boca da Dion expulsando azucre a todo pulmón, La 2 programa esta noite o documental “El verdadero Jack Dawson” que investiga a historia verdadeira dun pasaxeiro que puido inspirar o personaxe de Di Caprio e que, lonxe de ser o Romeo dos anos 90, é un morto nun naufraxio.