Alfonso S.Palomares cos empresarios galegos en Madrid

Programa: 
Músicas e Letras

O acto terá lugar no Hotel Eurostars Madrid Tower (Paseo de la Castellana, 261, Madrid) sobre as 14:15h. Previamente, sobre as 13:45h, servirase un cóctel no propio hotel.O prezo do xantar é de 45 euros e é imprescindible confirmar asistencia antes do 15 de maio. Pode facelo en gerente@aegama.com ou chamando ao teléfono 91 556 23 79.

 

Alfonso S. Palomares

 

Xornalista e escritor, Alfonso Sobrado Palomares naceu en Calvos de Randín (Ourense). É licenciado en Dereito e Xornalismo e desde 1986 ata 1997 foi director de axéncia EFE, que obtivo durante o seu mandato o premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades. Despois pasou ao grupo Zeta, onde exerceu como director de Relacións Internacionais e comentarista político en varias das súas publicacións. Dirixiu así mesmo as revistas Ciudadano, Posible e Leer.  Actualmente é columnista de El periódico de Catalunya e da revista  Tiempo. Cando acadou a presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño nomeoulle director da Casa de Galicia en Madrid, cargo que detentou ata hai poucos días. Como escritor, publicou as novelas Agotando la esperanza (II premio Café Xixón de Novela Curta), Las linotipias del miedo e Una larga sed, así como os libros de ensaio Albert Camus; África, La hora de las violencias e El socialismo y la polémica marxista, así como a biografía do ex presidente do goberno Felipe González, titulada Felipe González, el hombre y el político.