Aline Frazao acurta a distancia entre Galicia e Angola

Programa: 
Músicas e Letras

En Clave Bantú acompañan a Aline o contrabaixista cubano José Manuel Díaz, que colabora tamén nos arranxos de cada tema, e na batería e percusión o galego Carlos Freire. Conta ademais con dous convidados especiais: o trombonista portugués Rubén da Luz e o guitarrista brasileiro Sergio Tánnus. Frazao asina todas as cancións do disco, agás as letras de dous temas que son textos inéditos dos escritores angolanos José Eduardo Agualusa e Ondjaki.

O ciclo Íntimo&Acústico, organizado polo Concello de Santiago, componse de oito concertos que se repartirán entre o Teatro Principal e a Zona C. Tras Aline Frazao, actuarán en Compostela Simon Finn, Rebeca Jiménez, Cardigan Bridge, Jane Joyd, Patricia Moon, Daniel Higgs, Maika Makovski+Gentle Music Men, Abe Rábade Trío, Sumrrá e Coque Malla.