Antón Lado, 2.0 Editora: “A crise aumentou a produción e a lectura de ensaios”

Programa: 
Músicas e Letras

Galeguismo e liberdade, de Carlos Vázquez Padín, é o libro que inaugura unha serie de obras que, desde unha óptica cidadá, pretenden arroxar luz sobre os temas que centran a actualidade. Rafael Cuíña e Manuel M. Barreiro serán os seguintes ensaístas galegos en publicar as súas reflexións a través de 2.0. Paralelamente, a editora continuará apostando tamén polos ensaios cívicos de autores estatais e internacionais. A súa colección Supertextos (que inclúe títulos como A ditadura da incompetencia, Xavier Roig, ou Non penses nun elefante!, de George Lakoff) engadirá proximamente un nome famoso á súa lista, o de Julian Assange, de quen publicarán a súas memorias traducidas ao galego. “A lectura vaise configurando como un espazo de diálogo de determinados temas sociais e non só de textos de entretemento”, conclúe Antón Lado.