Antón Lopo: “A relación coa terra de Novoneyra resultou incómoda nunha época marcada polo rexeitamento do rural”

Programa: 
Músicas e Letras

En A distancia do lobo, Antón Lopo utiliza a obra do poeta, as súas entrevistas e os seus discursos para reconstruír a traxectoria vital do escritor homenaxeado no Día das Letras. A partir dese material, e mediante unha serie de entrevistas con Elba Rey -viúva de Novoneyra- e con amigos e persoas que o trataron en vida, trénzase unha peripecia que se inicia cos estertores da vida e conclúe na infancia. Sobre todo sito falou Lopo nos micrófonos de Radiofusiòn, quen destacou o “xeito radical de concibir a poesía de Uxío” e a súa forte relación coa terra. “Esa concepción telúrica resultou incómoda nunha época marcada por un forte rexeitamento do rural”, explicou o escritor.