Ares acolle a XXVII edición da bandeira de traíñas

Programa: 
A Bancada

Os clubes participantes nesta edición de 2016  son: Club de Remo A Cabana , Club de Remo Ares, Club de Regatas Perillo, Club de Remo Cabo de Cruz, Club de Remo Puebla, Club de Remo Rianxo, Centro Deportivo Mariñeiro de Mera e Club de Remo de Narón, que se repartirán 13.050 euros en premios.

O deputado responsable da área de Deportes, García Liñares, mostrouse seguro de que “veremos un gran espectáculo en augas de Ares”. Apuntou que a intención da Deputación é “apoiar económicamente o gran labor que realizan os clubes de remo da provincia e fomentar a afición a este deporte”, unha discplina “moi esixente físicamente”, que ademáis “conta cunha gran tradición en todo o litoral galego”.

A Bandeira de Traiñas Deputación da Coruña disputarase o luns 15 de agosto, a partir das 12.00 horas, no campo de regatas de Ares, cun percorrido de 3 millas náuticas (5.556 metros), distribuido en 4 largos con 3 ciabogas. Faránse dúas quendas.  Na primeira participan o Club de Remo A Cabana de Ferrol, club de Remo Rianxo, Centro Deportivo Mariñeiro de Mera e club de Remo de Narón, mentras que na segunda quenda participarán o club de Remo Ares, Club de Regatas Perillo, club de Remo Cabo de Cruz e o Club de Remo Puebla.

Todos os clubes recibiran unha compensación económica por participar na competición, que será maior segundo o posto que acaden na clasificación. Así, o gañador da Bandeira levará 3.200 €, o segundo 2.000 €, o terceiro clasificado 1.800 €, o cuarto 1.600 €, o quinto 1.400 €, o sexto 1.200 €, o sétimo 1.000 € e o oitavo clasificado 850 € .