Arzúa degustará o queixo e o mellor pop estatal

Programa: 
Músicas e Letras

O combo con nome de personaxe de novela de Michael Ende fíxose cos premios ao Mellor Autor Revelación, Mellor Album de Pop Alternativo  -derrotando aos galegos Deluxe e Iván Ferreiro- tamén o de Artista Revelación que compartiron con Pitingo. Xa que logo, Vetusta Morla pasa, segundo a Academia, por ser o mellor grupo de pop do momento, algo que se poderá comprobar na Feira do Queixo de Arzúa, onde actuarán o sábado 14 de marzo.