Azure Ray, Sharon Van Etten e Jesca Hoop homenaxean a Astrud Gilberto no Festival Voces Femininas

Programa: 
Músicas e Letras

A mítica voz de Astrud Gilberto soará antes e despois dos concertos. En definitiva, a intención é reivindicar o talento de toda unha xeración de intérpretes e compositoras e facelo de forma festiva.

Ademais, de novo este ano a organización do evento, Coconut Producciones, preparou tamén uns mini-concertos acústicos nas tendas de Purificación García. O primeiro será mañá xoves ás sete da tarde na cidade das Burgas e o venres, ás sete e media, en Vigo, coas artistas estadounidenses como protagonistas.