Barack Obama: O tránsito cara a multipolaridade

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

O presidente do IGADI Xulio Ríos analizou para Radiofusión o que pode supor a chegada de Obama para o futuro concerto planetario. Non o vai a ter doado, porque o exceso de expectativas puidera pasarlle factura. O novo dono do despacho oval ten que decidir aínda a súa folla de ruta e procurar dialogar máis que impoñer. 

Segundo a análise do IGADI, no actual panorama vivimos unha situación de tránsito cara a multipolaridade. Será un cambio complexo que, no medio da crise obrigará á reformulación do sistema económico internacional, producindo ademais unha mudanza no peso das economías.