Begoña Caamaño presenta Circe ou o pracer do azul

Programa: 
Músicas e Letras

Na novela de Begoña Caamaño, unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.O libro preséntase o vindeiro mércores na Librería Couceiro, na Praza de Cervantes de Santiago de Compostela. Principiará ás oito da tarde.