Benigno Campos: “Galicia pode presumir dos mellores produtos do mundo”

Programa: 
Comer en Galicia

Ao igual que unha comida pode estenderse máis aló do momento no que se esgota a comida no prato, Novas receitas da cociña de Larpeiros tamén propón unha “sobremesa” musical. O libro acompáñase dun CD de cantigas populares interpretadas por Benigno e a súa compañeira de programa Lola Vilela.

Campos contou en Radiofusiòn que xa está a pensar nun terceiro volume de receitas, ao tempo que tamén agarda que a súa proposta culinaria cale fóra das fronteiras galegas coa tradución ao castelán da obra. Na súa opinión compre defender a “dieta galega” tal como como se fai coa mediterránea. Argumentos non lle faltan: “Temos a mellor materia prima do mundo: uns peixes e mariscos que non teñen parangón, unhas carnes marabillosas, unha horta estupenda e uns viños que se sitúan entre os primeiros dos rankings mundiais”.