Berrogüetto levan música, danza e imaxe ás Festas de Ourense

Programa: 
Músicas e Letras

O directo de Berrogüetto transcende máis alá do son e supón unha experiencia na que se une a música, a danza e a imaxe. Segundo o percusionista de Berrogüetto, Isaac Palacín, Kosmogonías é “unha reflexión sobre a humanidade e a súa relación co Universo”. Este quinto álbum é o primeiro con Xabier Díaz como vocalista.