Cómodas saias e letras desenfadadas protagonizan a posta en escena de “Krash!”, o debut de Pito de Pikasso

Programa: 
Músicas e Letras

Pito de Pikasso naceu no 2004 en Compostela. Desde a formación inicial houbo algún que outro cambio, para finalmente atopar a Milo na batería, Spinelli na guitarra, Marco Schaal no baixo e Luko na voz. Os catro conforman Pito de Pikaso que en 2007 xa nos sorprendía coa maqueta O sentido está por vir, e que dous anos despois parece que segue sen chegar.

Pito de Pikasso presentan oficialmente Trash! este sábado, na sala Moon de Santiago, despois de levalo por terras de Melide ou Portonovo. Será un concerto especial que contará coa presenza de O Leo i Arremecághona! e Os Vacalouras. Despois, o 7 de novembro acturarán no Pub O´Foso de Santa Comba e o 21 o Xanela de Vilalba.