Calquera nos pode pintar a cara

Programa: 
A Bancada

“Fomos totais dominadoras do encontro pero nunha xogada ao final fixeron o gol e xa non tivemos tempo para reaccionar” afirma Penano. O Maniños é lider con 63 puntos, lévalle 5 ao Val, 7 ao As Pontes e 11 ao Racing de Ferrol. Quedan nove xornadas. Monica Vila (Moka) e Rebeca Veiga (Rebe) son as máximas goleadoras da categoría. Ese é un dos potenciais do Maniños, xunto coa aportación da cadete Maite.