A canción como protesta de Benedicto

Programa: 
Músicas e Letras

O recital do Bertón estaba rodeado por máis de medio cento de números da Policia Armada franquista. Cada músico contaba con 2 temas autorizados polo gobernador civil. Cantaron cada un as 2 pezas, e cando ian empezar outra vez a ronda, o oficial ao mando interrumpeu visiblemente nervioso o recital, ao consideralo terriblemente subversivo. “Pola unión” ou “Fala pobo” foron algunhas das cancións protesta que Benedicto levou por toda Galicia na década dos 70, acompañando de melodia o seu compromiso social. Algunhas lembranzas, algúns recordos vólcanse agora en “Sonata de amigo”.