Carlos Blanco (actor): “Non confío en que a Xunta cambie de opinión coa manifestación porque non ten sensibilidade para o galego”

Programa: 
Músicas e Letras

“Polo dereito a vivirmos en galego”, “Paremos o decretazo contra o galego” e “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma” baixo a efixie de Castelao foron outros dos lemas da manifestación deste 17 de maio que contou coa presenza de galegos chegados desde todas as comarcas galegas. Un deles, Félix, do Baixo Miño, afirmou a Radiofusión que viaxan para “facer moito ruído e combater o Decreto do Plurilingüismo”.

Radiofusión tamén estivo presente na manifestación cunha “radio” xigante baixo o lema “Cacho lingua”.