CCOO súmase á folga no ensino do xoves 21

Programa: 
Músicas e Letras

CCOO-Ensino procurou desde a presentación das bases que a Consellaría de Educación se comprometese a facer oficial un calendario de negociacións «porque sempre valoramos esgotar a vía negociadora». Porén, non observan «ningún paso cara á apertura oficial de negociacións» e, pola contra, ven como se crean «novos conflitos» esixindo unha lingua estranxeira para o acceso á función pública no ensino.

O sindicato reafírmase na convicción de que a lingua galega é «patrimonio de toda a cidadanía» e en que o «punto de partida real» é que na actualidade hai unha situación de desigualdade na que o galego está en inferioridade. «Isto obriga a Administración —segundo a Lei de Normalización Lingüística de 1983— a dar un pulo ao uso do galego e arbitrar programas de protección da nosa lingua cunha clara discriminación positiva», sinala CCOO.