Chema Vargas chega a Galicia para presentar en acústico e eléctrico “Corazones raros”

Programa: 
Músicas e Letras

Corazones raros é un álbum realizado sen pausa, pero sen présa, concretamente desde abril de 2007 ata a primavera de 2008. O estudo Circobeat de Bos Aires (propiedade de Fito Páez) e o estudo de Santi Fernández en Alcalá de Henares (Madrid) deron forma a este segundo álbum de Chema Vargas. Un son máis puro, máis maduro e co toque arxentino que tanto deixa influído na música deste artista; todo unido á produción de Guido Nisenson.