Como un irmao che falo

Programa: 
Músicas e Letras

O presidente de Airiños de Fene Valentín García Modrón reclamou ao remate da XXI Xuntanza de Gaiteiros 2009 Memorial Ramiro Couce, que a crise económica e os recortes presupostarios non afecten ao apartado da cultura. O público saiu plenamente satisfeito dunha grande xornada musical en Fene.

 

Maria Manuela ademais de ser unha cantante con moita sona é unha afamada pintora ferrolá e a súa actividade como tal é coñecida e apreciada en toda a xeografía galega e fóra dela. Xoan Rubia gravou o seu prmeiro disco en Barcelona na compañia Edigsa en 1969. Dende aquela configuran a súa discografía 11 discos en formato EP, catro de longa duración e dous CDs. Na súa discografía aparecen textos populares e outros de Curros, Rosalía, Pondal, Garcia Lorca e un longo etcétera.

Maria Manuela e Xoan Rubia recibiron a homenaxe de Airiños de Fene na Xuntanza de Gaiteiros 2009.