Con 4 baixas, o Perlío recibe a un Narahío sorprendente e perigoso

Programa: 
A Bancada

O adestrador Fernando Alvarez terá que recurrir a 2 ou 3 xogadores xuveniles para completar a convocatoria, dadas as numerosas baixas coas que afronta o partido desta xornada. O capitán Angel Bastida ainda empezou a adestrar a pasada semana e ata dentro de quince dias non poderá estar a disposición do técnico. Tamén Maroño podería ser baixa dado que sofreu en Pontedeume unha lesión nun xeonllo e ten tocado o ligamento. Ramón (cartón bermello) e David Durán (acumulación de cartóns amarelos) tampouco xogarán por sanción, o que restrixen ainda máis o plantel do equipo dos Pinares.

O Narahío é un equipo perigoso, segundo o adestrador do Perlío Fernando Alvarez, que convocou aos seus xogadores para esta tarde e para mañá venres. O partido Perlío – Narahío comezará o domingo ás 4,30 da tarde no campo dos Pinares.