Corenta anos despois, no mesmo sitio

Programa: 
Onda Rural

A cinta, que dende mañá estará dispoñible gratuitamente en distintas plataformas dixitais e páxinas web, xurdiu do colectivo de mulleres "As comadres" en Asturias. Foi nunha das súas reunións, nunha floristaría de Xixón, onde alguén propuxo unha marcha para manifestarse e esixir que se mantivese a actual lei do aborto. A idea converteuse nunha das principais mobilizacións cidadás en defensa dos dereitos das mulleres, no Estado.

O documental  estreouse no Teatro Jovellanos de Xixón diante de 1.200 persoas o pasado 7 de xullo.
Máis de 200 horas de grabación que se resumen finalmente nun documental de pouco menos dunha horade duración, e que se fixo nun tempo record de cinco meses, segundo a productora, Chelo Loureiro.
As trabas foron grandes, dende a solicitude de rodar nas estacións e a negativa por parte de Renfe ata este último chanzo da exhibición, porque depende da cor do concello que concedan os auditorios municipais.