A Coruña acolle a Gala Verbas pola Igualdade

Programa: 
Músicas e Letras

A Gala Verbas pola Igualdade durará ao redor dunha hora e constará de dúas partes. Na primeira, Olga Patiño e Emma Pedreira “enfrontaranse” nun recital poético. Na segunda, a actriz Lía Pichel porá en escena o espectáculo Melmeniñas, a través do que dará vida a tres mulleres en tres etapas diferentes da súa vida.

Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda convidan aos coruñeses a encher o Forum Metropolitano nunha cita coa que buscan que o público se implique no evento e na igualdade de xéneros.