As cousas curiosas da Estrada

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Todavía haberá quen esperará a primeiras horas da mañá do día 6 para finalizar os labores de montaxe e ambientación, iso si, sempre con anterioridade ás dez da mañá, hora na que se abrirán ao público as portas do recinto ferial.

Tendo en conta que a entrada de visitantes é totalmente gratuita, a organización anima ao público a achegarse unha vez máis ao recinto porque seguindo a tónica xeral, esta vez incrementada pola presenza dun numeroso grupo de artesans, este evento nas súas últimas edicións séguese reinventando a si mesmo para sorprender e obter o beneplácito dos asistentes. O visitante, atopará unha ampla gama de pezas e produtos varios a moi distintos prezos para que, sexan accesibeis a todo tipo de economías domésticas.

Os visitantes dispoñen de amplos espazos de aparcamiento gratuito, servizo de cafetería e catering, amplas zonas de esparcimiento, etc...

Unha dobre mostra que ocupará un total de 2000 m2 de exposición, dividida en dous pabellóns, superando as corenta firmas comerciais que mostrarán unha variada gama de produtos: Mobiliario dos Séculos XVIII, XIX e principios do XX, Decoración, Almoneda, Numismática, Textil, Reloxos, Cadros, pezas varias en materiais nobres (ouro, prata, bronce...), Pezas exóticas, mobiliario e porcelanas de influencia centroeuropea, lámpadas, etc...

As xornadas do sábado e domingo, serán idóneas para que os amantes das antigüidades e o coleccionismo se acheguen ao recinto ferial estradense, sabendo que poderán facelo en horario ininterrumpido de 10 a 20 horas. Unha vez peche as portas esta mostra, non regresará ata o próximo 12 e 13 de decembro, coincidindo coa proximidade das datas navideñas.