Dani Montero presenta “Sen mirar atrás” en Viñetas desde o Atlántico

Programa: 
Músicas e Letras

A edición orixinal, en galego, conta con 16 páxinas máis que a de castelán, xa que inclúe extras entre os que se atopan versións dos protagonistas da historia a cargo dos debuxantes Javi Montes, Santy Gutierrez, Patri Castelao, Marcos Calo, Raúl Ariño, Jose Domingo, Renato Roldán, Pinturero, Manel Cráneo, Jose Zazo, Victor Hernández e Robles. Tamén aparecen bosquexos realizados por Montero e conta as ideas previas que tiña ao redor da historia.

O autor encargouse tamén da portada da edición galega e a castelá foi obra de Víctor Hernández e Luís Gómez, amigos de Dani.

Segundo comentou Dani Montero en Radiofusión, Sen mirar atrás é unha historia contada a modo de road movie, que inclúe aventura, intriga e humor negro, e que se centra en Xaime, un tipo que tras unha ruptura decide dar un xiro á súa vida, coller os seus trebellos, o seu can e facer unha viaxe sen un destino marcado.