Delorean, La Habitación Roja e Lori Meyers encabezan o I Festival Poio Pop

Programa: 
Músicas e Letras

O I Festival Poio Pop nace con vocación de continuidade, segundo comentou en Radiofusión un dos seus promotores, Carlos Fontán. A idea inicial era celebralo na praia de Lourido, en Poio, pero por cuestións loxísticas non puido ser. Non obstante, agardan que en vindeiras edicións volva ás súas orixes, ao concello pontevedrés. De momento, os organizadores confórmanse con que esta primeira edición reúna a unhas 2.000 ou 3.000 persoas.

As entradas xa están á venda ao prezo de 20 euros en Ticketmaster e tamén en Fnac, Carrefour, Halcón viajes ou Tiendas Tipo.