El Patito Editorial presenta “A mansión dos murmurios” e “Carapuchiña Vermella” en Viñetas desde o Atlántico

Programa: 
Músicas e Letras

A publicación naceu no 2009 arroupada polo programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de achegar a banda deseñada en galego aos lectores máis mozos. A exposición recolle unha mostra da vintena de exemplares editados e nos que participaron artistas como Fran Bueno, Primitivo Marcos, Fausto Isorna ou Alex Cal.

El Patito Editorial presentará tamén en Viñetas a segunda etapa de Galimatías e a edición en galego do primeiro volume de A Mansión dos Murmurios, creada para o mercado francés polo guionista madrileño David Muñoz e o debuxante galego Tirso Cons. A publicación, que mestura nesta primeira entrega fantasía con retallos de realidade, conta tamén co coruñés Javi Montes. Tamén se presentará a edición castelá de Caperucita Roja e a galega Carapuchiña Vermella, de Víctor Rivas e Martin Powell.

Tirson Cons e Javi Montes asinarán exemplares de A Mansión dos murmurios o sábado á unha da tarde. Tamén estarán presentes outros autores que editan con El Patito como Alex Cal, que firmará os libros North Wind e Vento do Norte. Será o venres ás seis da tarde e a esa mesma hora, pero un día antes, será a quenda de David Pintor e a obra Ciudades de Papel, Premio da Bienal de Cadernos de Viaxes de Clermont- Ferrand 2009 e seleccionado na Feira do Libro de Bolonia 2010.