Exemplares magníficos na Festa do Cabalo de Magalofes

Programa: 
Festa do Cabalo

O xuiz Agustín Sarmiento valorou, como nas 15 edicións anteriores, as características dos cabalos participantes nos concursos. "Observamos exemplares magníficos, a calidade medra ano tras ano e para mín é unha auténtica delicia vir a Magalofes e a Fene" declarou a Radiofusión o experto leonés en cria cabalar. O alcalde de Fene Gumersindo Galego abreu a festa dando a benvida a todos os visitantes e a noraboa aos organizadores. Ademáis dos 10 integrantes da directiva da Asociación Veciñal de Magalofes, 22 voluntarios colaboraron na organización do evento. Tamén a Policia Municipal axudou á fluidez do tráfico dos vehículos que se achegaron ao campo das Queiras.