Extraperlo aterran no Festival do Norte para presentar un dos discos máis laureados do indie estatal

Programa: 
Músicas e Letras

Un son fresco, divertido, que nos transporta aos días soleados de verán, isto é o que nos ofrecen Extraperlo en Desayuno Continental, considerado polas revistas especializadas en música independente estatal como un dos mellores traballos do ano. Escoitarase no Festival do Norte e tamén o 29 de maio no Primavera Sound de Barcelona.

A cita vilagarciá comezará xa o venres, 1 de maio, para continuar o sábado. En total, nesta oitava edición subirán aos tres escenarios do festival un total de 18 bandas internacionais, estatais e galegas; así como catro picadiscos, como comentou en Radiofusión un dos organizadores do evento, Toño Caneda.

O abono para os dous días de festival custa 25 euros anticipado, 30 na billeteira. A entrada para un só día custa 17 euros anticipada e 21 euros na billeteira. Poden mercarse en www.servinova.com, www.ticktackticket.com e en Santiago (Gong, Discoprecio, A Reixa), A Coruña (Nonis, Portobello), Pontevedra (Vazquez Lescaille, Hiperfroiz, Tipo), Vigo (Elepé, Tipo, Gong), Ourense (Peggy), Vilagarcía (Froiz, Vazquez Lescaille) e O Grove (Vinilo).

 

CARTEL:

Venres,1 de maio:

Escenario Estrella Galicia

Herman Dune

The Whip

Love of Lesbian

X-Wife

Templeton

Ragdog

Escenario Caixanova

Russian Red

Manos de Topo

Nouvelle Cuisine

Escenario FDN Dance Club

Florent y Yo

Isra Dj (Sala Karma)

Sábado, 2 de maio:

Escenario Estrella Galicia

The Rumble Strips

Vetusta Morla

Delorean

Standstill

Cuchillo

Havalina

Escenario Caixanova

La Buena Vida

Extraperlo

Noise Project

Escenario FDN Dance Club

Rober Bodegas Dj

Onurb Blows Dj (Monstruo un solo ojo)