As fotografías de Paco del Pino enchen de auga e pedra a sede da Fundación Caixa Galicia en Compostela

Programa: 
Músicas e Letras

A auga e a pedra reflíctense no seu proxecto como un mundo natural, aínda manipulado polo ser humano, que se detén no tempo, mostrando una estética próxima á creación pictórica. Roma recibe unha homenaxe da súa cámara, que recolle cada detalle das rúas, construíndo un novo significado e unha nova perspectiva dos monumentos e fontes que conforman a cidade italiana. Ademais, como novidade introduce nesta exposición varias imaxes de A Coruña e Betanzos, tomadas na súa última viaxe a Galicia, o pasado verán.

Esta é a terceira exposición que se realiza en España sobre Paco del Pino, quen xa amosara a súa obra no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia da cidade herculina en 2009. “Paco del Pino. Fotografías 1989-2009” é unha exposición itinerante que, tras clausurarse en Santiago de Compostela, viaxará por outros concellos da provincia de A Coruña.