Gañou o deporte

Programa: 
A Bancada

ARTES MARCIAIS FENE – KÁRATE
Comezou o recoñecemento aos deportistas de Fene que acadaron podio en campionatos oficiais durante a tempada 2016/2017 polos karatekas do Club Artes Marciais Fene.

- Icía Castro Tomé:
 Campeona provincial e galega en kata individual.
 4º posto en kata individual no Campionato de España. Categoría Alevín Feminino.
 Subcampiona galega por equipos na categoría Infantil.
- Aimar Iglesias Bañobre:
 Campión provincial en kata individual  3º clasificado en kata individual. Categoría Alevín Masculino.
- Josu Arnoso Cruz :
 Subcampión provincial en kata individual na categoría Infantil Masculino.
 Subcampión galego en kata por equipos na categoría Infantil.

-Andrea Sánchez Maceiras:
    3ª clasificada provincial en kata individual na categoría Infantil Feminino.
 Subcampiona galega en kata por equipos na categoría Infantil.
- Ariadna Castro Tomé:
 3ª clasificada en kata individual categoría Xuvenil Feminino.
 3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil.

- Noelia Penabad Garrote:
 3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil

- Sara Penabad Garrote:
 3ª clasificada galega en kata por equipos na categoría Xuvenil

2. ARTES MARCIAIS FENE – JUDO

En Judo, polo Club Artes Marciais Fene…

- Alba Martínez García, subcampiona provincial na categoría Cadete, de menos de 52 kg.
Alba comezou a practicar judo con 6 anos e con 10 pasou a formar parte das escolas municipais de Fene, sendo a primeira alumna desta escola que consigue o Cinturon Negro de Judo I Dan.

3. O SON DE COCIÑA / UNIDADE DE FENE – INFANTILES

O equipo infantil do CMI Unidade de Fene proclamouse campión de Liga e de Copa na Liga local de fútbol sala 2016/2017. Ademais, os Infantís do Círculo de  Fene foron os máximos goleadores e os menos goleados da súa categoría. Os integrantes deste combinado son:

Aaron Martinez Cociña
Raul Rey Varela
Pablo Pita Ares
Ignacio Saavedra Barbero
Yerai Couceiro Rendueles
Diego Crespo Rivera
Adrian Martinez Tornin
Adestrador - Bruno A. Carballo Dopico,
Delegado - José Rendueles Padin

Grazas ao traballo realizado polo equipo pero tamén aos seus méritos persoais, dous dos xogadores de O son de cociña / CMI Unidade de Fene – Diego e Adrián- foron convocados pola selección de Ferrolterra de Fútbol Sala coa que se proclamaron campións galegos de seleccións locais.

Ademais, Adrián foi convocado coa Selección Galega para desputar o campionato de España de seleccións, proclamándose campión de España coa selección galega da súa categoría. Neste senso, o Concello de Fene brinda tamén un recoñecemento a título individual a estes dous deportistas…
-Diego Crespo Rivera
-Adrián Martínez Tornín

3. CLUB ATLETISMO FENE

Do fútbol sala pasamos agora ao atletismo, salientando os bos resultados deportivos acadados en 2016/17 pola atleta do Club Atletismo Fene, Melina Alonso Aradas.
Melina foi esta pasada temporada...
 Campiona absoluta na Carreira da Amaía, de Brión.
 Subcampiona galega absoluta de 10 kilómetros en ruta
 Subcampiona absoluta no Cross Joaquín Romero
 E acadou un meritorio 8º posto na categoría Senior na carreira Coruña 10.
Melina Alonso é unha deportista cunha longa traxectoria chea de premios e recoñecementos no mundo do atletismo, do dúatlon e do tríatlon. Anteriormente, co Triatlon Ferrol foi Campiona de España de Triatlon Sprint e Subcampiona galega de triatlón. Tamén foi Campiona de España Supersprint por equipos e gañou a copa de la Reina de relevos por equipos.

5. CLS LIMODRE – CHAVE

Os deportes tradicionais teñen tamén o seu oco neste acto porque o equipo “Cantina Local Social de Limodre”, de chave, proclamouse campión de Liga na tempada 2016/2017. Ademais, nun dos trofeos do último campionato, o máximo chaveiro da proba foi un dos membros do CLS Limodre, Luis, con 683 chaves e unha media de 16,26.

6. PATINAXE FREESTYLE

Dende hai uns anos o Concello de Fene ten o seu oco no mundo do patinaxe Freestyle, grazas aos irmáns feneses Noelia e Sergio Cob Álvaro, do club de patinaxe Sobre Rodas. A súa, ademais, está a ser unha carreira meteórica porque levan poucos anos patinando e menos aínda practicando a modalidade de salto.
Nesta última tempada, Sergio proclamouse Campión Galego Xunior na modalidade de salto.
Pola súa banda, Noelia foi Campiona Galega Xuvenil en salto e Campiona de España Xuvenil en salto.

7. FUSION DANCE

Doble H Kidz, é un grupo de Baile Urbán da academia Fusion Dance de Fene, formado por 13 nenas de entre 5 e 8 anos.
Doble H Kidz comezou a concursar en distintos certames a nivel nacional en 2016, colleitando éxitos moi pronto, mesmo en categorías superiores. Así, en 2016 o grupo proclamouse campión na categoría Baby no Funk Lag 2016, de León. Acadou o 6º posto na categoría Infantil no Vigo Porté (evento Internacional de disciplina de baile) e o 3º posto na categoría Baby no Campionato de España de Hip hop Internacional 2016

Este ano, Doble H Kidz continuou traballando e conquerindo premios: 1º posto na categoría Baby no Funk Lag 2017; 2º na categoría Infantil no Vigo Porté e 2º posto na categoría Baby no Urban Display (Campionato de España Irene Pallarés). Este último premio deulles o pase para o Campionato de Europa no que as fenesas conseguiron un meritorio 3º posto.
Coa súa monitora ao fronte, Laura Mosquera, Doble H Kidz son:
Mencia Fernandez
Clara Pena
Helena Muñoz
Alejandra Rey
Africa Gomez
Melissa Mendez
Noelia Rodriguez
Zeltia Dopico
Noa Fernandez
Alejandra Seijo
Blanca Vazquez
Irene Rojo
Ruth Testa

KINDER QUEST
Tamén na disciplina de baile urbán, Kinder Quest é un grupo de categoría infantil que acadou este ano o primeiro posto na competición mais importante de Galicia, o VIGO PORTÉ 2017. Ademais, Kinder Quest foi 4º no FUNK LAG DE LEÓN 2017 e clasificouse sexto no campionato de España 2017 para o de Europa (no que quedou 4º na súa categoría).

Kinder Quest son:
Susana Fernandez
Nerea Varela
Nerea Castro
Noa Bastida
Alba Grandal
Sara Pouso
Andrea Prieto
Candela Castro
Zeltia Dopico
Mencia Fernandez
Noelia Rodríguez
Monitora: Laura Mosquera Pedre

8. CAS NAUTILUS
 
O Club de Actividades Subacuáticas Nautilus  participou en 2017 no Circuito Galego de Fotosub e no Campionato Galego de Fotografía Submarina, evento celebrado a finais do pasado mes de agosto en Portonovo.
 
O fotógrafo Alfredo Rodríguez e o cofotógrafo Fernando Pazos, do C.A.S. Nautilus,  proclamáronse subcampións da proba autonómica.
 
Pero tamén temos que salientar os bos resultados colleitados por estes dous deportistas do club fenés no Circuito Galego de Fotosub que constou, nesta edición, de tres probas: os campionatos de Fotosub da Mariña Lucense, Boiro e Cidade da Coruña
 
No II Fotosub A Mariña 2017, Alfredo Rodríguez e Fernando Pazos remataron no 2º posto da clasificación. No Campionato Fotosub Boiro foron 4ºs e no XXI Campionato Cidade da Coruña-9º Memorial Fernando Torreiro subiron ao alto do podio ao proclamarse campións da proba.

9. XIMNASIA ARTÍSTICA

Imos agora coa ximnasia artística, disciplina representada hoxe neste acto polo grupo máis numeroso de deportistas... que é o que forman as ximnastas do Club Ximnasia Artística Ferrolterra,

Leire Mardaraz da categoría Escolar 1 (6-8 anos)
· Medalla ouro en salto e medalla de prata en chan no I Torneo Concello de Fene.
· Medalla de prata en Salto, ademáis de subcampionas galegas no Campionato Galego Escolar.

Nesta mesma categoría…
María Fuentes:
· Medalla de bronce en chan, no I Torneo Concello de Fene.
· Terceira Clasificada na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en barra, e medalla bronce en salto,ademáis de subcampiona por equipos no Campionato Galego Escolar.
Mireia Astray:
· Medalla de bronce en asimétricas, no I Torneo Concello de Fene.
· Subcampiona por equipos no Campionato Galego Escolar.
Alba Couto:
· Medalla de prata en asimétricas,no I Torneo Concello de Fene.
· Subcampiona por equipos no Campionato Galego Escolar.

Na categoría Escolar 2 (8-10 anos)

Nadia Drafate:
· Medalla ouro en Asímetricas, no Campionato Galego Escolar.
Candela Couce:
· Medalla de prata en salto, no Campionato Galego Escolar.
Sabela Bastida:
· Medalla de ouro en salto e chan, no I Torneo Concello de Fene.
· Subcampiona galega na xeral dos catro aparatos, medalla de bronce en asimétricas, no Campionato Galego Escolar.
Categoría Inigym 1 (5-6 anos)
Emma Ares Viñas:
 Medalla de Ouro en asimétricas e barra, no I Torneo Concello de Fene.
 Campiona Galega na xeral Inigym 1, Campionato Galego Inigym/ Promogym.

En Inigym 2 (6-7 anos)
Irene Sequeiro Lorenzo:
 Medalla de ouro en chan e medalla de prata en salto, no I Torneo Concello de Fene.
 Campiona Galega na xeral Inigym 2, Campionato Galego Inigym/ Promogym

Icia Arroyo Alvarez, da categoría Promogym 1 (7,8 e 9 anos)
· Campiona na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en asimétricas e chan e medalla de prata en barra no Torneo Promogym do RGC Covadonga.
· Campiona galega en chan, no Campionato Galego.
· Campiona na xeral no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga.
· Medalla de bronce en Asimétricas no campionato de España, competindo con só 7 anos a un altísimo nivel contra outras 65 ximnastas de 7,8 e 9 anos.
En Promogym 3 (para máis de 10 anos)
Ainhoa Tenreiro Mosquera:
· Campiona na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en chan e barra, e prata en asimétricas no III Torneo Universidade da Coruña.
· Subcampiona na xeral dos catro aparatos e bronce en asimétricas no Torneo Promogym do RGC Covadonga.
· Campiona por equipos, xunto as súas compañerias, no Campionato Galego na categoría de Promogym 3.
· Campiona na xeral no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga.
· Medalla de bronce en Salto no campionato de España, na cal competía contra 103 ximnastas e conseguindo a primeira medalla nun campionato de España para o Club.
Thyesha Vicente Humpries:
· Medalla de Bronce en Salto no Torneo Promogym do RGC Covadonga.
· Terceira Clasificada na Xeral dos catro aparatos e Ouro en barra ,ademáis de Campiona Galega por equipos no Campionato Galego na categoría de Promogym 3.
· Terceira Clasificada na xeral no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga.
· Participou no campionato de España cunha moi boa actuación.
Judith Lago Varela:
· Subcampiona Galega na Xeral dos Catro Aparatos, Ouro en Asimétricas e Bronce en Chan, ademáis de Campiona Galega por equipos no Campionato Galego na categoría de Promogym 3.
· Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.
Alba Iglesias Gómez e Paula Parada Rodríguez :
. Campionas por equipos, no Campionato Galego

Continuamos coa categoría Nivel 1 (7-8-9 anos)
Andrea Martín Iglesias:
· Medalla de bronce en Salto, Barra e Chan, no Campionato Galego de Niveis.
· Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.
Alba González Gorgullo:
· Terceira clasificada na xeral dos catro aparatos e medalla de prata en Asimétrica, no Campionato Galego de Niveis.
· Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.
Lola Caínzos Díaz:
· Subcampiona Galega na xeral dos catro aparatos, medalla de prata de barra e chan e medalla de bronce en asimétricas, no Campionato Galego de Niveis.
· Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

Categoría Nivel 2 Pequenas (até 11 anos)
Cintia Fernández Sanmartín:
· Terceira Clasificada na xeral dos catro aparatos, medalla de bronce en salto e asimétricas, no Campionato Galego de Niveis.
· Terceira Clasificada no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga.
· Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

Tatiana López Rivas:
· Campiona na xeral dos catro aparatos, medalla de ouro en salto, paralelas, chan, e medalla de prata en barra,no Campionato Galego de Niveis.
· Subcampiona no II Trofeo Astur-Galaico RGC Covadonga.
· Participou no Campionato de España cunha moi boa actuación.

10. BTT
Falamos agora de dous deportistas de alto nivel no mundo do BTT. Ambos os dous son membros do club BTT Fene.

Carlos Otero Amor – Compite en ciclismo de montaña XC Maratón. Categoría Master 50.
Rematou a tempada 2016/17 como subcampeón galego da Transgalaica, campeonato que consta de 4 carreiras, das cales, en dúas subiu ao podio. En Cotobade chegou a meta en terceiro lugar e en Vigo rematou de 2º.
Tamén foi 2º, proclamándose subcampeón, no Open Galego de XC Maratón no que subiu a podio en todas as carreiras (foi 3º en Mondoñedo, 2º en Rois, 3º en Rianxo e 2º en Vilalba).
Por último, salientar que obtivo moi bos resultados no Campionato Galego de XC Olímpico. Foi 4º en Cambre e 5º en MOntefaro

Daniel Carreiro Vázquez – Compite en ciclismo de montaña XCM/XC OLÍMPICO, na categoría élite masculino. Na actualidade forma parte do top ten de ciclistas galegos de maratón e XC, na súa categoría.

Na tempada 2016/17 proclamouse campión galego de XC, tralos bos resultados colleitados nas probas que tiveron lugar en Mugardos (onde foi 3) e Ferrol e Ledoño (6º). Tamén acadou bos resultados na Transgalaica 2017 e na Ultramaratón con probas de alto nivel como os 4 Picos Bike RACE (onde acadou o posto número 15 de 1500 participantes), a 101 peregrinos (onde quedou de 14 de 2000 participantes) ou os 10.000 del Soplao, en Cabezón de la Sal (onde finalizou no número 84 de 5.000 participantes)

11. SCRATCH

Máis recoñecementos para o equipo da escudería Scratch Fene formado por Édgar Vigo e Fátima Ameneiro que se proclamou en 2016 Subcampión de España de Ralis de Terra para vehículos do Grupo N. O campionato constou de 8 probas en distintos puntos da península: Lorca, Navarra, Curtis, Ponferrada, Cervera, Plasencia, Cártama e Pozoblanco.

Anteriormente, en 2015, Edgar e Fátima xa foron Campións de España de Ralis de Asfalto na mesma categoría. E nesta tempada, a falta de 2 carreiras para o final da competición, o equipo xa ten garantizado o Campionato de España de Ralis de Terra para Vehículos Históricos.

Comentar tamén que un dos obxectivos que se plantexa a parella fenesa de cara ao futuro é o salto cara o ERC (European Rally Championship), un campeonato que combina ao mesmo tempo as superficies de asfalto, terra e neve.
Amais deste trofeo que reciben como equipo, temos tamén un segundo trofeo para Fátima Ameneiro a título individual, logo de coroarse en 2016 como Campiona de España de Copilotos Femininas en Asfalto e en Terra.
A copiloto fenesa converteuse así na primeira galega e na segunda muller española en conseguir o título. Co mérito engadido ademais de que Fátima participou en varias probas (as catro últimas), estando xa embarazada, coas complicacións e riscos que o seu estado conlevaba… pero aínda así, foi quen de acadar o título.

12. MARCOS RUIZ BRAGE_ TRIATLON

Imos agora con outro recoñecemento a título individual. O seguinte protagonista do acto foi o triatleta fenés MARCOS RUIZ BRAGE polos títulos acadados durante a tempada 2016/17 na que foi:
Campeón Galego Triatlón Junior.
Subcampeón Galego de Acuatlón Absoluto
Subcampeón Galego de Duatlón Contrarreloxio
4º Campeonato España Acuatlón Junior e no clasificatorio do Triatlón de Madrid Élite
 7º Campeonato España Duatlón Junior
Convocado coa selección Galega Absoluta.
Marcos Ruiz Brage comezou a practicar triatlón en 2008 no Club Triatlón Ferrol. Nesa época compaxinaba este deporte con outros coma o judo nas escolas municipais de Fene ou o atletismo e a natación noutros clubs da comarca. Estivo becado no Centro de Alto Rendemento Deportivo de Pontevedra nas temporadas 2013-2014, 2014-2015, e acadou unha beca no Centro de Alto Rendemento Deportivo Infanta Cristina de Los Narejos, Murcia na tempada 2015-2016.
Ademais, a nómina de premios, medallas e trofeos acadados por este xoven deportista fenés é impresionante:

· Campión galego de triatlón
· Campión galego de Nada e Corre
· Campión galego coa selección galega CSD no Campionato de España de Triatlón por Relevos
· Campión galego de acuatlón
· Subcampión de europa Youth coa Selección Española de Triatlón por Relevos
· Subcampión coa selección galega CSD no Campionato de España de Triatlón por Autonomías
· Subcampión galego de Duatlon
· Subcampión Provincial de Biatlón
E como estes máis de medio cento de títulos. Aínda que debemos lembrar que na actualidade, Marcos Ruiz Brage non so compite en Triatlón, senón tamén en atletismo co Club Atletismo Fene e en natación co Club Natación Ferrol.

13.CULTURAL MANIÑOS FEMININO SD

Rematamos falando doutro palmarés brillante. O do Cultural Maniños Feminino Sd, equipo de fútbol que acadou en 2016/17 TODO ao que podía aspirar. As xogadoras do Cultural Maniños foron:
. Campionas de Liga con dúas xornadas de antelación,
. De Copa - ao superar na final ao CF San Sadurniño-,
. Campionas Provinciais, ao derrotar en semifinais ao Ural de A Coruña e na final ao Racing de Ferrol.
. Ademais, gañaron a III Copa AFACO en A Capela e todos os Torneos de verán, salientando o prestixioso Torneo Concello de Mugardos.

Polo tanto, pleno total nunha tempada que quedará sinalada na historia do fútbol feminino.
A maiores, temos que comentar que a xogadora do Cultural Maniños Feminino Rebe Veiga foi a máxima goleadora da competición. Vane Galego, a porteira menos batida. Moka Vila foi nominada a mellor xogadora da liga e o adestrador Penano ao mellor míster na Gala do Fútbol de Ferrolterra.

En todas as competicións oficiais (liga, copa e provincial) o equipo marcou 201 goles e encaixaron 29, en 38 partidos. Ou o que é o mesmo, acadaron máis de 5 goles a favor en cada partido xogado.

Subiron ao escenario:

· Vanesa Galego
· Su Insua
· Nuria Vicente
· Sarita Pena
· Cris Silvar
· Uxía Vázquez
· Carmen Colodrón
· Lucía Seoane
· Mónica Martínez
· Carol Castro
· Rebe Veiga
· Iria Cabana
· Pau Varela
· Lore Castro
· Anita Fontán
· Moka Vila
· Laura Miraz
· Izu Rodríguez
· Maite Seijo
Acompañadas polo seu adestrador, Uxío Romero y Fernando Aneiros “Penano”