ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ao longo da hora, verquéronse comentarios humorísticos ou en serio a prol da lingua galega. Radiofusión quixo conmemorar deste xeito a data do 6 de outubro de 1907, o dia no que Manuel Lugrís Freire pronunciou en Betanzos o primeiro mitin político en galego do que se ten constancia. Para poñer máis alta a lingua galega ou Móllate polo galego foron 2 dos lemas utilizados para promocionar a iniciativa. Nos propios comentarios dos internautas xurdiu a proposta de utilizar a etiqueta #galega como símbolo de identidade permanente da comunidade internauta de Galicia. Tamén recibimos diferentes suxerencias para organizar a iniciativa de novo para o vindeiro ano.