Gales acolle o X Congreso da AIEG

Programa: 
Rutas, eventos, escapadas

Na presentación, celebrada hoxe na Biblioteca do CCG, participaron Rosario Álvarez, vicepresidenta da institución, e Craig Paatterson e Elisa Fernández Rei, presidente e tesoureira, respectivamente da AIEG.

Craig Patterson, presidente da Asociación Intrernacional de Estudos Galegos (AIEG),  agradeceu a colaboración do Consello da Cultura Galega, que orgnaizará catro das sete conferencias plenarias e subliñou a vocación multidisciplinar dunha asociación que leva tres décadas de estudos e investigacións sobre diferentes aspectos da realidade de Galicia e conta con 150 socios. Referiuse á estrutura do congreso con paneis, relatorios e conferencias plenarias e á procedencia dos relatores desde Estados Unidos e Arxentina a Escocia, España, Galicia, Rusia ou Polonia. Agradeceu as colaboracións do Instituto Cervantes, a Embaixada de España, os Centros de Estudos Galegos de Oxford, Birmingham e Cork (Irlanda), o Grupo de Investigación “Rosalía de Castro” e a Asamblea Nacional de Gales.

 
Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, salientou a importancia do traballo desenvolvido pola AIEG ao longo de trinta anos e a vontade da institución de seguir colaborando no desenvolvemento dos seus traballos. Aludiu aos obxectivos compartidos co CCG, nomeadamente na proxección exterior da cultura galega e nos enfoques multidisciplinares dos programas e dos congresos, celebrados todos fóra de Glaicia, agás o IX que en 2009 tivo lugar en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.