Guillerme Vázquez: “O PP non ten moitas ganas de modificar o Estatuto”

Programa: 
Músicas e Letras

O voceiro do BNG sostén que é unha falacia afirmar que “nada ten que ver o estatus xurídico-político” co benestar. “Non hai goberno no mundo que diga que non lle importan que competencias ten ou que a definición do que é non figure nos textos correspondentes”, asegurou en declaracións a Radiofusión dende o Festigal que se celebra en Santiago de Compostela.

Guillerme Vázquez desbota a “guía hexemónica do Estado centralizador” e pon como exemplo do prexudicial que resulta para Galicia o mantemento do veto á construción naval civil en Navantia Fene ou o decreto do carbón. Asemade, asegura que a intención última dos partidos maioritarios no Estado no caso da fusión das caixas galegas é “entregalas á gran banca”. Para resolver todos eses problemas, ofrece a solución que formulou Castelao: “Galicia é unha nación e cando se comporte como tal se fará respectar no Estado”.