ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
José María Peláez Valle novela esa epopeia no seu libro Héroes en el olvido: amores, venganzas y heroísmo en la insurgencia gallega de la Guerra de la Independencia, publicado por Ediciones Beta III Milenio.
No marco da guerra do francés, poucos episodios históricos son tan fascinantes e pouco coñecidos como os que protagonizou a insurxencia galega contra as tropas de Napoleón, que invadiron o territorio de Galicia a principios de 1809. En só un mes, e despois de que o exército francés conseguira a retirada e embarque do exército inglés, Galicia rendeu todo o seu territorio sen apenas resistencia por parte das autoridades oficiais. É entón cando estala como un volcán a insurxencia popular. Xorden por todas partes guerrilleiros e amotinados, labregos, artesáns e mariñeiros, xente sinxela transformada en improvisados combatentes dunha insurxencia disposta a morrer en defensa da súa libertade. Serán conducidos por caudillos lendarios, como o Abade do Couto, capaces de conseguir incribles accións fronte ao mellor exército do mundo. Son eles os protagonistas duns feitos que conducirán á progresiva liberación do seu territorio e á heroica victoria final na Batalla de Ponte Sampaio.
O seu autor, José María Peláez Valle, entretece a loita de personaxes históricos xunto a outros de ficción, arrastrados a contendas, amores e vinganzas. Todo iso nun ámbito de costumes ancestrais, influída polas crenzas en embruxos e conxuros.
José María Peláez Valle
Publicou traballos na Revista “Gladius” do Consejo Superior de Investigaciones Científicas, artigos sobre coleccións estatais en revistas de especialidade, realizado traballos de expertización metalúrgica para Anticuarios e Salas de Subastas Internacionais, e colaborado como membro do Comité de Recepción en Feriarte de Madrid. Tamén publicou sobre traballos artísticos antigos, destacando os libros: “Pequeña estatuaria de bronce” e “Armería vasca de lujo en el siglo XIX”. Na actualidade é profesor compoñente da Área de Ciencia de Materiais e Inxeniería Metalúrxica da Universidade de Vigo, onde imparte a asignatura de Metalurxia Histórica.