Iván Villar e Nelson Quinteiro inauguran o Forumfolk con “Danza e contradanza”

Programa: 
Músicas e Letras

PROGRAMA:

25 de xaneiro 2010 – 21 h:

Iván Villar e Nelson Quinteiro: Contra2 - Danza e contradanza

Proposta innovadora de canto e danza tradicional galega arredor da voz e o corpo. A través da voz, mesturada en directo con escenas sonoras e efectos musicais e de son, faise un percorrido polo mundo tradicional dos oficios, o amor, o desamor…que se ve plasmado nunha nova danza tradicional fusionada con pinceladas doutro tipo de movementos.

15 de febreiro 2010 – 20 h:

Foliada

Festa participativa en colaboración coas asociacións de música tradicional da cidade. Concerto de balde ata completar o aforo

26 de marzo de 2010 – 21h:

Tiruleque

Presentación do novo disco da banda Tiruleque

19 de abril de 2010 – 21 h:

BellónMaceiras Quinteto

Forumfolk presenta o seu primeiro disco en formación de quinteto, unha volta de folla ao seu traballo discográfico, Unión das Terras. Nesta nova aventura son capaces de trasladarnos nunha viaxe musical por distintas terras do mundo, afondando nas súas melodías e caracterizándoas, como fixeron sempre os nosos emigrantes, ao xeito de facer galego. Percorren Arexentina, Portugal, Bretaña, Oriente Medio, países do leste, Rusia, Euskadi…e por suposto Galica.

10 de maio de 2010 – 21 h:

Tátara Trío

Grupo tradicional integrado polos músicos Pablo Díaz (gaita, clarinete, percusións e voz), Alex Fente (Acordeón) e Fernando Docampo (violín, percusións e voz).

27 de xuño de 2010 no Parque Europa – 19 h

Banda Municipal con solista invitado

Tralo éxito do concerto da Banda Municipal con Susana Seivane en 2008 o Ciclo Forumfolk volve a contar coa banda para achegar o repertorio tradicional en clave de banda no último domingo de xuño no Parque Europa.

13 de setembro de 2010 – 21 h:

Xabier Díaz

Presentación do novo proxecto de Xabier Díaz tralo éxito do seu trío co proxecto Coplas para Icia. A voz de Xabier Díaz en todo o seu esplendor.

18 de outubro de 2010 – 21 h:

Tonecho Castelos / Pablo Esqueira e convidados

Diálogo en clave de folk entre un violín e un acordeón. Unha proposta íntima e elegante dun repertorio baseado na música tradicional e folk con composicións propias. Contarán coa colaboración de distintos músicos do ámbito da música tradicional, folk e clásica.

15 de novembro de 2010 – 21 h:

Riobó

A violinista – zanfonista Begoña Riobó presenta o seu proxecto RIOBO

20 de decembro de 2010 – 20 h:

Cantos de Reis

Concerto participativo coa colaboración das asociacións de música tradicional da cidade. Unha cita xa clásica co obxectivo de recuperar a fermosa tradición dos cantos de Nadal.

O prezo das entradas é de 5 € (3 € para maiores de 65 anos, usuarios de carné xove e desempregados).