Julián Hernández: “En forma de suite sinfónica algúns dos temas de Siniestro Total soan máis punk”

Programa: 
Músicas e Letras

O director do Taller, Diego García, canda o compositor Javier López de Guereña, crearon unha suite sinfónica contemporánea baseada no repertorio dos autores de Ayatollah. Mais, como explicou o líder de Siniestreo Total, Julián Hernández, en Radiofusiòn, fuxiuse da “autocompracencia” e dos arranxos dirixidos a “suavizar” o material punk e rock orixinal.

Land of Opportunity é, se cadra, a proposta máis rompedora que se teña visto no cartel do festival musical Via Stellae. Estréase ás nove e media desta noite no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O repertorio incluirá unha canción escrita especialmente para a ocasión, breves intervencións faladas ―que van narrando o que vai ocorrendo sobre fondos musicais orixinais de López de Guereña― e a revisión dos clásicos da banda. Vinte músicos estarán enriba do escenario, cinco de Siniestro Total e catorce do TAC, máis a dirección de Diego García.