Kalandraka proponnos “Elas” neste 8 de marzo

Programa: 
Músicas e Letras

Cecilia Afonso é a autora de Elas. Estudou gravado na Escola Nacional de Belas Artes Prilidiano Pueyrredón. Pertence ao colectivo arxentino Foro de Ilustradores. Tamén participou en varias exposicións e en 2008 foi seleccionada para a mostra da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Actualmente traballa como ilustradora para unha revista de xardinería e paisaxismo.