La Fura dels Baus, Guimarães e Europa

Programa: 
Sonsdenós

As actividades da primeira noite comezarán ás 23 horas, estando previsto o seu remate para as 6 da mañá do domingo 22. Ao longo de todo o ano desenvolvese unha completa axenda de actividades dividida en catro grandes seccións: Comunidade, cidade, arte e pensamento. Pretende fomentar a participación e intervención da poboación.

A sección Comunidade converterá aos habitantes da cidade no centro da narración mentres que na apartado Cidade englobaranse propostas que entenden o concepto urbano como catalizador para o cambio social e económico. O apartado Pensamento xorde como foro de reflexión e debate mentres que en Arte englobaranse a maior cantidade de eventos culturais. Entre eles pódese destacar un ciclo de cinema coa estrea de varias películas e curtametraxes xunto con actuacións de teatro, danza, perfomance e novo circo así como actuacións e debates ao redor das novas linguaxes de creación e os modos de produción musical.