La niña de tus ojos (TVE, 22 h.)

Programa: 
Televisión

Penélope, a quen se lle critica máis polas súas circunstancias e romances que polo seu talento interpretativo, tiña decidido hai anos ser unha estrela planetaria e abofé que o conseguíu. Pero en toda carreira hai momentos dos que non podes fuxir. Ao igual que cando Christina Rosenvinge se pasa de mística pomba e fala do seu colegueo con Sonic Youth, podes lembrala facendo “chas!” e saltando a carón de Alex de la Nuez, con Pe, cabe viaxar ata a súa adolescencia e berrando “que flipe!” en “La Quinta Marcha”, un festival de acné, videoxogos e música petarda dos primeiros 90 en Telecinco. Dende entón, a súa vida foi unha constante exposición pública e sabemos case todo dela: por exemplo, se nos fiamos do padal de Javier Bardem en  “Jamón, jamón”, sabemos que os peitos de Penélope saben a tortilla de patacas e pata negra. Pódese comprobar á unha menos vinte da mañá, que é cando se emite esa película do calentorro Bigas Luna. Antes, ás dez da noite, Televisión Española pasa un dos mellores papeis feitos ata hoxe pola Cruz, a folclórica seductora de nazis de “La niña de tus ojos”. Todo un festival Penélope pagado pola canle estatal para convencernos de que ela merece a estatuíña máis que a Winslet, cuxos peitos, como moito deben saber a roastbeef e fish and chips.