Laura Audere comeza á rehabilitación

Programa: 
A Bancada

A xogadora unha vez que se quitou o peso de encima que supuxo a artroscopia do seu xeonllo, está ilusionada e con ganas de traballar, consciente de que o labor vai ser longo e duro, pero é o traballo que lle espera. A xogadora ten contrato ata o dous de maio pero podería quedarse un mes máis para ter prácticamente finalizada o seu rehabilitación.

Esta semana o Arxil de Pontevedra visita o Pabellón de Esteiro

O sábado, ás sete da tarde, como de costume, o Universiatrio recibe ao C.B. Arxil Comervía de Pontevedra, conxunto ao que as ferrolanas xa gañaron na súa cancha, na primeira volta, por un amplo 48-75.

Este sábado as cousas non van ser tan sinxelas: a diferenza chámase Montse Gilabert, unha base catalá que xa xogou tres tempadas en Villagarcía (dúas en división de honor) e que despois axudou a subir a división de honor ao Cadí A Seu d'Urgell equipo do que procedía cando, esta tempada, na quinta xornada fichou polo equipo de Pontevedra. No Arxil está anotando 12 puntos por partido (máis 4 rebotes e 3,5 asistencias) e facendo xogar ás súas compañeiras especialmente á rusa Nadezda Kudrina (11,5 p.p.), unha escolta que tiña que facer as veces de base ata a chegada de Monserrat.

O "alma" do equipo segue sendo a internacional chilena Tatiana Waleska Gómez Kehsler que xoga máis de 38'5 minutos por partido nos que anota 21,3 puntos e captura 8 rebotes.

A inglesa Joanna E. Clayden (11 puntos p.p.) e a polivalente Natalia Soage (máis de 5 puntos e 6 rebotes) completan habitualmente o quinteto titular
A canterana Ana Martín é o primeiro reposto (20 minutos p.p.) mentres que a portuguesa Tamara Milovac e Sandra Entenza son as outras xogadoras utilizadas habitualmente.

O Arxil ten no seu haber esta tempada o gañar aos dous "gallos" do grupo, os dous equipos descendidos de división de honor: 79-73 ao Burgos e 90-82 nada menos que ao Badajoz. Así pois, baloncesto de gran nivel este sábado no Polideportivo de Esteiro, a partir das sete da tarde.